Este sábado a partir das 17.00h a celebrase a V edición da andaina Arume de Malvas. Os participantes percorrerán preto de 3 km polos montes da parroquia de Malvas e arredores nunha ruta de dificultade baixa, apta para persoas de todas as idades. A saída será nos colexios de Malvas, onde tamén remata. Alí haberá bocadillos, viño, castañas e sopas de burro cansado amenizado polos grupos de Malvas e as pandereteiras de Pexegueiro. O prezo é de 5€ para os adultos e 1€ para os máis pequenos. Este ano, como cada ano, ten un carácter solidario, nesta ocasión cos veciños afectados pola explosión de Paramos.