Da man do festival Música no Claustro este domingo, ás 17.30 h haberá un concerto moi especial na Catedral que nos transportará até a Idade Media. Será da man de Secunda Pratica coa recuperación da misa de San Telmo do Pasionario Tudense. Déronnos todos os detalles Samuel Diz e Beatriz Fontán, que explicaron o traballo de recuperación desta misa e as condicións do concerto deste domingo que terá un aforo de 300 persoas. Unha vez comeza non se poderá entrar nin saír.