Días de ledicia para El X de la Suerte, administración de lotarías do Porriño, despois de repartir máis de 24 millóns de euros en premios no Sorteo do Neno. Do local saíu un décimo do primeiro, o número 06703, e todo o segundo en exclusiva en Galicia, o 45875.
Coñecemos hoxe con Benjamín Martínez, de El X de la Suerte, algunhas das anécdotas deste sorteo.