Hoxe ás 21.30h Contraproducións presenta “”O Tolleito de Inishmaan”. Esta é unha comedia negra, “ácida e amarga”, que presenta unha ampla diversidade de pintorescos personaxes que viven as súas cativas vidas como poden e como saben. . E xunto a eles, un eivado, un ser desfavorecido que ten a arela de transcender desa pequena cárcere que supón a illa na que habita e lograr o seu soño de ser valorado.