O BNG de Tui votará mañá en contra dos orzamentos do Concello de Tui no pleno ordinario de abril. Así o avanzaba hoxe a súa voceira, Carmen Núñez, quen matizaba que a responsabilidade de que as contas non saian adiante non é da oposición senón do alcalde.