O Rosal celebra mañá as Festas do Pilar e máis a XXIX edición da Romancha do Cabaqueiro, onde se pon en valor e se rememora o vello oficio dos cabaqueiros rosaleiros. Pero antes, hoxe mesmo, o Concello organiza un obradoiro de creación de tellas con torno na Praza do Calvario onde se instalou unha carpa por mor da chuvia. Está destinado para que os mais cativos vivan o oficio dos seus maiores. A chuvia non afecta aos obradoiros, pero si afecta a outros festexos programados. Cancélase a actuación da orquestra Marimba prevista para esta noite e o grupo de folk “Tanto Nos Ten” actuará no auditorio municipal.
Mañá mércores, a partires das 17:30, terá lugar o pregón a cargo de Serafín Dorado e durante todo o día produciranse exhibicións de oficios artesanais baixo a carpa da Praza do Calvario. Amais, o concello ten en marcha e de forma paralela dúas exposicións, unha de debuxos e pintura e outra titulada “enerxía, auga e máquinas”.