"Facendo o Indio" é o espectáculo, para público familiar, que mañá venres, ás 19 h, presenta Galitoon no Teatro Municipal de Tui. A obra está dirixida por Chisco Casteleiro que forma parte do elenco xunto a Jona García. Ao longo de sesenta minutos prometen facer rir ao público, tal e coma explicaba o propio Chisco Casteleiro.