O cárcere vello en Tui acollerá esta fin de semana unha exposición de traxes tradicionais antigos tanto de Galicia coma do Norte de Portugal. Está organizada pola Asociación San Telmo quen no seu afán por recuperar costumes e tradicións presentará tamén os "boleardos", unha sobremesa típica que había en Tui. Así nolo contaron Conchi Sales,presidenta da Asoc, San Telmo, e Alfredo Pasos, da Tahona Micaela, que elaborou os boleardos.