Os Reis Magos visitan dende ás 11h as parroquias de Oia nun percorrido no que van visitar todo o municipio. Rematarán esta tarde no Mosteiro e no CEP Mestre Manuel García onde terán animación infantil, chocolatada... e para rematar ás 19h estarán en Mougás, segundo explicou a alcaldesa Cristina Correa.