"Isla de los volcanes" é o traballo que hoxe venres ás 20.30 h presenta Cristopher Pérez Quartet no Teatro Municipal de Tui, nun concerto enmarcado na programación conmemorativa do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui.
Este cuarteto foi o gañador do Concurso Nacional Juventudes Musicales de España en 2024.
Hoxe coñecemos detalles deste concerto con dous integrantes do grupo: Cristopher Pérez e David Muñoz.