Unha viaxe musical á Arxentina é a que nos propón esta tarde, ás 19.30h na Igrexa de San Domingos, o pianista Daniel Pereira. Co gallo do centenario do nacemento de Alberto Ginastera Daniel Pereira ofrecerá unha charla concerto achegándonos á obra e vida deste compositor que fusionou a música folclórica arxentina coa música cultura.