O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou hoxe o recoñecemento aos concelleiros José Manuel Sousa, Manuel González Vázquez e Antonio Fernández Rocha que onte anunciaron a súa dimisión no pleno da corporación municipal de Tui. Estas renuncias poderían abrir as portas a unha posible moción, cuestión que non quixo valorar o alcalde, e indicou que o equipo de goberno seguirá traballando con normalidade.