O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirma que as Eurocidades son unha oportunidade única para levar adiante programas de cooperación transfronteiriza. Así o explicaba esta mañá na nosa sintonía tras participar onte en Tomiño no encontro sobre as Eurocidades da raia ibérica centrou onte as xornadas sobre “Políticas e instrumentos para o desenvolvemento do Río Miño Transfronteirizo”. Tamén falou dos dous novos pantaláns cos que Tui contará dentro do proxecto Río Minho Navegable.