O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, daba conta coma con medios municipais e dos veciños se fixo fronte aos tres incendios. O Monte das Penizas quedou totalmente calcinado dende Paramos a Guillarei, estendéndose logo a Salceda.
Tamén posteriormente se rexistrou outro incendio en Areas que quedou controlado de madrugada.
Lamentaba o rexedor tudense a falla de medios por parte da Xunta para extinguir estes lumes, a quen corresponde a competencia en extinción de incendios.