Antes do 30 de novembro teñen que estar rematados os sete proxectos que veñen de ser licitados polo Concello de Tui e que pertencen ao Plan Concello 2017. Suporán un investimento de 500 mil euros. A reordenación dos xardíns de Troncoso e da rotonda de Guillarei son parte destes proxectos. Tamén traballan no Deporemse, como explicaba o alcalde, Enrique Cabaleiro.