En febreiro, posiblemente, vaia a pleno extraordinario os orzamentos de 2020 do Concello de Tui. Así o adiantaba hoxe o alcalde, Enrique Cabaleiro, quen se refería aos obxectivos en materia de tráfico coa apertura da r/Ourense cara ao sur, e humanización de A. González Besada e Casal Aboy. Tamén valorou positivamente o anunciou feito pola Consellería de Infraestruturas da licitación do enlace entre a VAC Tui-A Guarda e a A55.