Falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro sobre o Programa Integrado de Emprego que comezará en Tui tras a concesión por parte da Xunta. Deste xeito, 100 persoas de Tui poderán formarse durante un ano de forma individualizada co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade.