O Partido Socialista terá finalmente oito concelleiros na próxima corporación municipal de Tui que tomará posesión o sábado 15 de xuño. A Xunta Electoral Central declarou nulo o voto emitido a favor do PP coa palabra sí escrita, e validou o voto a favor do PP nun sobre no que se introduciran dúas papeletas, unha delas tachadas. Deste xeito o PP obtivo o voto que lle da o terceiro concelleiro.
Así o confirmaba este mediodía o nº1 do Partido Socialista, Enrique Cabaleiro, que coñeceu a decisión de forma oficiosa, a falla de contar xa coa comunicación oficial.