Onte á tarde celebrouse comisión de Facenda no Concello de Tui para tratar as propostas da oposición sobre os orzamentos de 2018. O voceiro socialista, Enrique Cabaleiro, indicaba que hai puntos de achegamento e aledábase que o alcalde modificase a súa postura inicial xa que explicaba que ante un documento tan transcendental non entendía a postura do alcalde de aprobar os orzamentos sen negociación previa. O incremento das partidas de Servizos Sociais e de Patrimonio son dúas das solicitudes feitas polo PSOE.