Ás oito desta tarde o cronista oficial de Tui, Ernesto Iglesias Almeida presenta novos libros da súa autoría. Son “Historia militar de Tui a través dos séculos” e “Os muíños do Concello de Tui”. A presentación estaba prevista a comezos de ano pero tivo que ser aprazada pola pandemia. Hoxe a cita será na Área Panorámica na Sala de Exposicións.