A Cámara de Comercio de Tui pon en marcha o Programa Integral de Cualificación e Emprego, denominado PICE, para axudar a mozos e mozas a incorporarse no mercado laboral. Fátima Rodríguez, técnica programa do PICE da Cámara de Comercio de Tui, explica que levarán a cabo o plan de capacitación, dividido en varias fases.
Os interesados deben ter entre 16 e 30 anos e posuír o certificado dixital para poder inscribirse primeiramente no Plan de Garantía Xuvenil. Para obter máis información, poden poñerse en contacto coa Cámara de Comercio de Tui, dende as 9h a 18.30h ou chamando ó número de teléfono 986 60 02 16.