O escritor Francisco Álvarez "Koki" presentounos hoxe o seu novo libro "Olivia e o clarinete máxico". Unha "historia humana" en palabras do autor.
A protagonista Olivia, atopa nun baúl o clarinete do seu bisavó, o que lle abre as portas ao fantástico mundo da música. Está ilustrado polo guardés Emilio Baz.