A música encherá de novo mañá dende ás 21 h o espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela coa segunda Jam Session froito da colaboración entre o Concello de Tui e FB Produxion. A banda base volverá ser Red Duck Blues formada por Fiz Novoa, Mike Trompi, Juanmma Ons, Frans Banfield e Diego García, que interpretarán temas de soul, jazz, e funky, xunto a todos aqueles músicos e músicas que queiran sumarse. Así nolo contou hoxe Frans Banfield de FB Produxion.