O artista tudense G Face e a lucense Lucía Pérez unen as súas voces en "Cabaliño de Lugo", unha bachata que homenaxea á provincia de Lugo a través dunha fábula. A colaboración xurdiu da conexión entre ambos cantantes, que xa traballaran xuntos no tema Tanto, de Lucía Pérez.
Cos dous conversamos hoxe sobre esta canción, que promete ser a bachata do verán.