O grupo PinkPorris celebrará a próxima fin de semana o primeiro aniversario do seu primeiro concerto. Hoxe con Marco Oya, Jessica Ramilo, Brais Ramilo, Xosé Ledo Pazo e Nacho Lafuente, coñecemos como naceu o grupo, de onde ven o nome e nos contaron que fan "Granito rock" como puidemos comprobar nos dous temas que interpretaron en directo en Día a Día. Tamén forman parte do grupo Roberto e Fonso que hoxe non puideron estar na RMT.