Este sábado dan comezo as visitas guiadas "Free Tour" por Tui organizadas por Buguina Turismo. Serán de venres a luns e haberá dúas modalidades, unha ás 11.00h centrada no legado xudeo, e outra ás 12.30h que percorre todo o casco histórico da cidade.
Non é necesario inscribirse, simplemente estar a hora de comezo diante da Oficina de Turismo, na Praza de San Fernando.