Sandra Guedev, coñecida artisticamente como Hydn, é unha das artistas que actuará no Festival Boas Vibes que se celebrará o sábado 6 de setembro na Alameda de San Domingos en Tui.
Actuará ás 20 h cunha proposta que mestura danza, música en directo e dj. Hoxe na nosa sintonía daba conta de como será o seu espectáculo e do estilo musical que a identifica.