A capela de San Telmo na Catedral de Tui acollerá mañá ás 18.30h a presentación do libro do Plan Director da Catedral de Tui. Iago Seara, arquitecto, explicou que se presentará o libro tanto en papel coma en formato dixital. O Plan director sinalou que recolle as actuación prioritarias no templo, parte delas xa realizadas, e tamén os plans de futuro. Para Iago Seara hai que dar un salto cualitativo con novas instalacións para o Arquivo Diocesano e o Museo Catedralicio.