Os sons e as imaxes da Costa da Morte xunto a unha historia de amor son o fío condutor de Sicixia, a película dirixida por Ignacio Vila que ás 21.30h se proxecta na Área Panorámica. O propio director falounos deste filme que precisamente tamén hoxe estrea en Barcelona.
As entradas para esta noite en Tui pódense mercar ata ás 12h en www.culturatui.info e dende ás 20h no despacho de billetes.