Unha proposta teatral e musical para bebés é a que chega mañá venres ao Teatro Municipal de Tui da man de Davide González e Iria Pinheiro.
Será un menú musical denominado “Pitiminí”, para público familiar no que haberá tamén interacción co público. Así nolo contaba Iria Pinheiro.
A cita será mañá venres no Teatro Municipal con dúas funcións ás 17.30 h e ás 19 h. As entradas aos prezos de 4€ e 3€ están á venda en tui.gal.