O sábado Papá Noel visitará Tui na II Moto Papanoelada organizada polo Motoclub os de Sempre. Xunto a unha carroza da que os organizadores non quixeron dar datos para que a sorpresa sexa maior, Papá Noel chegará acompañado de elfos e persoeiros do Nadal sobre dúas rodas.