Os magos Javier Argüelles e Samuel Moreno preséntanos hoxe o festival de maxia "Baiona pinta maxia" que terá lugar este sabado e domingo nesa localidade. Haberá actuacións na rúa, no auditorio e no Museo da Carabela Pinta, onde terá lugar tamén un obradoiro de maxia para nenas e nenos.
Actividades gratuitas até completar o aforo.