Mañá mércores comeza a festa de San Roque con procesión as 21:00h e saída das monxas encerradas, acompañados polas bandas de música popular de Tui e a banda de gaitas de Paramos. Vaise inaugurar tamén a feira de antigüidades e artesanía no torreiro de festas de San Bartolomeu. Xa na segunda xornada de festa, o xoves, comezará as 12.30h coa misa solemne con procesión acompañada pola Banda de Música Popular de Tui e pola noite verbena con Noche de Estrellas e La Torre.