Día a Día

Ent. Jesús Asorey - Praga da vespa asiática


Listen Later

Os concellos da comarca continúan a súa loita contra a vespa velutina, ou vespa asiática, que faise forte na nosa contorna. A pasada semana dabamos conta dos máis de 130 niños que se eliminaran no Rosal, nomeadamente no Morán, Valdemiñotos, Couselo, Lomba e Pancenteo, e dos 62 de Tomiño, no centro urbano e tamén Taborda, Sobrada, Goián e Forcadela. Pero estes datos son soamente os niños eliminados polos servizos municipais. A Xunta, a través de 012, retirou no Rosal 11 niños máis e 29 en Tomiño.
Ademais destes dous concellos, na nosa contorna son Mos, con 68 niños, Tui con 52 e O Porriño con 47 os máis afectados. Séguenlle, A Guarda con 20, Oia con 14 e Salceda con 9.
O presidente da Asociación Galega de Apicultura, Jesús Asorey, alerta de que esta plaga está moi lonxe de ser controlada e afecta xa a maioría de concellos galegos ante a falta de medidas de control.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Día a DíaBy Radio Municipal de Tui