Na A.C. Betún arrancan o venres a partires das 22:00 horas con jam session, a reunión musical mensual de músicos onde desfrutar da improvisación e a comunicación musical. Xa o sábado ás 22h, será a quenda de Javi Pelón, que ofrecerá unha viaxe nos vinilos a través do mellor funk, indie, rock e soul do derradeiro século. As dúas xornadas a entrada é de balde.