12 días pasaron dende que se coñeceu que o Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Tui rexeitara a solicitude dun particular para que se revisase, de oficio, a licencia do edificio Beira Miño.
Este particular é o arquitecto tudense José Antonio Quiroga, que hoxe anunciou na nosa sintonía que abandona a posible alegación que lle corresponde tras esta desestimación, polo que non ve futuro no caso.