Deporte, aventura e solidaridade mestúranse a partes iguais no Rallie Solidario de Marrocos en 4 L que se vai celebrar dende o 18 deste mes. Contará coa participación de 1.500 vehículos conducidos por estudantes universitarios. Entre eles estarán os valencianos Jose Costa e Daniel Abreu, estudantes da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença. Contan co apoio da Cámara de Valença coma explicaba o vereador de Desporte, José Monte.