Este domingo día 10 de novembro vai celebrarse a novena edición de Pinta Tui. Unha actividade enfocada en todo tipo de participantes, de todas as idades e con variedade de técnicas. José Manuel Díez, de Artes Creativas Efectos, explicou na nosa sintonía que é precisa inscrición previa para participar.