Esta mañá José Manuel Sousa, presidente de APTui falaba na RMT sobre os motivos para a expulsión de Mº Jesús da Silva, reiterando que a actual concelleira de urbanismo incumpriu dous artigos dos estatutos do partido e que non tiveron noticias sobre as súas decisións dende o mes de xullo. Por outra banda, con respecto á integración de APTui no PP Sousa quixo destacar que se trata dun acordo que existe, pero que non será efectivo se o PP non cumpre certos acordos, e preguntado sobre porque non se levou a cabo a expulsión antes da moción de censura recoñece que quizais foi un erro.