Dentro das Festas de San Telmo, o club "Andatui Rego da Pedra" xunto coa Eurocidade organizan para este sábado, ás 10:00 a andaina de San Telmo. Ten unha duración aproximada de 3 horas para percorrer 10 quilómetros de dificultade sinxela con saída dende a Corredoira de Tui cara ao paseo Fluvial, Areas, Randufe, Alto do Coello e os petróglifos.