O Club Andatui celebra este domingo a súa VII Camiñada Solidaria 2018. Sairá ás 10h dende o palco da música no Paseo da Corredoira de Tui, para facer un percorrido de 8 quilómetros polas as rúas de Tui e Valença para retornar de novo a Tui.
Aqueles que desexen participar deberán presenter o mesmo domingo un pouco antes das 10h na Corredoira cun quilo ou máis de alimentos non perecedoiros que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño. Así nolo explicou hoxe José Martínez Tato de AndaTui.