Día a Día

Ent. José Martinez Tato, concelleiro Medio Ambiente, e Manuel Gómez - Composteiros Comunitarios


Listen Later

En 2020 debemos reciclar o 50% do lixo que xeramos. Na actualidade aínda estamos lonxe desa porcentaxe e só reciclamos o 18% do lixo. A instalación de composteiros comunitarios busca reciclar tamén o materia orgánica que deste xeito se converterá en compost. En Tui hai tres puntos de composteiros comunitarios, na Avenida de Portugal, na rúa Compostela, e na traseira da Área Panorámica. Este último punto vén de abrirse e por este motivo convócase aos veciños da zona a unha reunión informativa o mércores 26 ás 21h na Sala Xacobeo. Así nolo contaron hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, e o mestre composteiro, Manuel Gómez.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Día a DíaBy Radio Municipal de Tui