Valoración positiva da visita realizada a Versmold a pasada semana polos concelleiros Yolanda Rodríguez e José Ramón Magán. Este último detallou os encontros mantidos na cidade alemá irmandada con Tui dende 2013. Amais deu conta tamén, coma responsable de Emprego e Seguridade, da convocatoria de prazas que realiza o Concello de Tui, e do detector de drogas que en breve comezará a usar a Policía Local de Tui.