Hoxe ás 23.59h remata o prazo de inscrición para o I Trail Monte Aloia que se vai celebrar este domingo organizado pola Asociación Cultural Comisión de Festas Virxe das Dores de Guillarei. O Trail constará dun percorrido de 25 quilómetros polo Parque Natural do Monte Aloia cun desnivel de 1.400 metros.
Amais celebrarase tamén un minitrail con 15 quilómetros de percorrido e 800 metros de desnivel
A inscrición para participar tanto no Trail coma o Minitrail está aberta ata hoxe ás 23.59 a través da plataforma ChampionChip.