Acitui, a Asociación de Comerciantes de Tui, conta este Nadal con un concurso de escaparates no que aínda se pode participar, xa que o prazo para inscribirse é finalmente ata este venres 22. Contóunolo o presidente de Acitui, Juan Carlos Blanco.
Pero amais con el falamos tamén da Asamblea que celebraron o pasado venres 15 e do proxecto "América" para homenaxear aos emigrantes galegos a ese continente.