Falabamos esta mañá con Laureano Alonso para tratar asuntos de interese do concello na actualidade, quen aseguraba que nunca houbo no concello de Tui tal clima de crispación coma nesta momento. Apuntaba ademáis o voceiro de Son de Tui que no concello constan informes de que o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, obrigou a técnicos municipais a levantar precintos na pirotecnia de Baldráns sen o consentimento da xuíza polo que auguraba a súa imputación e por conseguinte, a perdida do seu cargo.