Lupe Pérez é a voceira da Plataforma de Afectados pola explosión en Paramos, recentemente constituída como Asociación de Afectados Paramos-Guillarei. Hoxe deunos conta das trabas burocráticas coas que se están a atopar para a solicitude das axudas, así como das súas reivindicacións ao Parlamento Galego ou da falta de coordinación entre as distintas administracións na xestión do acontecido.