María Jesús da Silva, concelleira de Urbanismo do Concello de Tui, e que foi recentemente expulsada de APTUI, deu conta hoxe da súa postura tras esta expulsión da que non recibiu notificación formal nin puido formular alegación. Explicou que tivo coñecemento da mesma polo escrito presentado no concello. Considera que esa expulsión non é formal mentres non se confirme, e nese senso sinalou que a secretaria municipal remitiu un requirimento a APTUI.