Hoxe arrancan oficialmente as Festas do Monte na Guarda, despois dos eventos deportivos que serviron de anticipo na fin de semana. Esta tarde terá lugar a lectura do pregón a cargo de Carlos Mouriño, presidente do RCCV, nun acto no que estarán presentes o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, Montserrat Magallanes, deputada de emprego e concelleira de Turismo e Digna Rivas, deputada de Cohesión Social e Xuventude. Estas Festas do Monte contan cunha extensa programación para toda a semana, sobre a que falamos con Manuel Castro, da Comisión de Festas.