Manuel González Vázquez, concelleiro e líder de Ciudadanos Tudenses, confirmaba na nosa sintonía que presentou a súa candidatura á presidencia do PP en Tui. Coincidía co outro candidato, José Ángel Taboada, en que o mellor sería chegar a unha candidatura de consenso, para o que xa mantiveron algún contacto, amosando a boa disposición por ambas partes. Explicaba que índa que formou Ciudadanos Tudenses é militante e afiliado do PP.